lunes, 2 de mayo de 2011

Chavi y los refugállicos


 O título, que podería ser o nome dalgun daqueles grupos musicais galegos, de corte bravú-gamberro de comezos dos anos noventa...
nembargantes, é a lista do PP en Xinzo, un aglomerado de individuos interesados no seu medro personal que nin atenden a ideoloxias , siglas, lealdades ou honra.
En definitiva, que agardan obter beneficios económicos e persoais a conta dos impostos  que cotizamos entre todos, e que na súa maioria nunca serian opción nunha lista política “seria” no conceito literal da expresión.
Ao ler esta  lista atopomanos con refugallos de outras formacións, que se dí na praza que é xente que pasou por varios partidos na procura do seu, tamén xente que ten traballos nos que non produce nada, mais cobra a fin de mes, xente interesada en vender pisos, xente interesada en recalificacións de terreos familiares, xente con parentes  en relación con subcontratas do concello… máis todo o que non chegamos a saber…
Xente que nunha sociedade democrática moderna serian desprezados polos seus vecinos por aproveitarse deles, e castigados nas urnas como estraperlistas do estado de dereito.
Temos a trepas de todo tipo na lista dun candidato de cuxa honestidade non dubida ninguén na vila.
Visto dende fora pode parecer ridículo, incluso caricaturesco, un sistema político e social en estado predemocratico, onde a política e os negocios van da man e onde nunca faltan intereses persoais.
Pouco a pouco a cidadania vai dando conta do infame deste comportamento, e agardamos que nos próximos comicios esta situación de cabo.
Que a comarca da Limia e todo Ourense se defenda contra este contínuo acoso a súa calidade de vida;
 que non se vexa afectada por que o cacique de turno queira sumar uns pesos no seu peto,
 que as oportunidades de traballo sexan as mesmas para todos,
 que non haxa coaccions, nin amenazas e que a xente poida ir a votar a quen queira, é dicir, que exerza, cumpra e disfrute dereitos  inalienables reflectidos na Constitucion.
As obras públicas non as fan nin pagan os políticos , as obras fanse cos nosos impostos.
José Benito Brandón y Elices.

1 comentario:

  1. O gran problema é que os xefecillos provinciais dos dous grandes partidos queren controlar o que se fai nos nosos pobos impondo nas listas a xente débil ou sen escrúpulos, que logo dirixen o seu antoxo e interese nos concellos.
    O problema non ten solución mentres no se modifique a lei electoral e se permitan as listas abertas, cousa que non lles interesa.
    Mentres tanto, os veciños que non queiran ser complices de este sistema no teñen outra alternativa que votar en conciencia.

    ResponderEliminar